Rexístrate para participar!

Unha das principais ferramentas de ideaAsPontes será a realización duns Obradoiros, nos que a través do formato de grupo de traballo e discusión, afondaremos nun proceso de reflexión e debate que posibilite a definición conxunta dos principais retos a afrontar, e a formulación das bases sobre as que debuxar as liñas do desenvolvemento urbanístico do Concello.

A participación nos obradoiros será voluntaria e a selección das persoas participantes farase en funcións das súas características socioeconómicas e demográficas (lugar de residencia, idade, sexo, situación laboral, etc.). Realizándose obradoiros diferenciados, tanto na zona urbana, como nas distintas parroquias rurais, artellados en torno as temáticas clave de cada zona.

Para poder participar nos Obradoiros Temáticos, só tes que ter máis de 18 anos e rexistrarte a través dun sinxelo formulario on-line.

Todas as persoas participantes nos obradoiros recibirán en compensación polo seu tempo, uns vales canxeables no comercio local.

Rexístrate aquí:

Nome *

Apelidos *

idade *

Sexo *
 Muller Home

Nacionalidade *

Situación laboral *

Enderezo postal *

email *

Teléfono *




Lin e acepto a política de privacidade de idea As Pontes - Proceso de Participación Pública do PXOM.

De conformidade co que establece a Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os datos persoais que nos facilite mediante o uso dos formularios sitos na páxina web, serán incorporados a un ficheiro titularidade do Concello das Pontes de García Rodríguez , coa finalidade de xestionar a súa solicitude e enviarlle información máis detallada. Así mesmo, o Concello das Pontes de García Rodríguez infórmalle da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición mediante un escrito á dirección Parque Municipal s/n · CP 15320 ou por email á dirección participaen@ideaaspontes.com.