Que é un PXOM?

Un PXOM, siglas de Plan Xeral de Ordenación Municipal, é o instrumento de ordenación urbanística do territorio que empregamos para definir as liñas básicas de desenvolvemento dun concello de cara ao seu futuro. No caso do Concello das Pontes, estamos a traballar sobre un documento no que se debuxa o modelo de vila e máis do territorio municipal, analizándoos en termos de vivenda, mobilidade (peonil, ciclista, motorizada), espazo público, rehabilitación económica, usos do solo, infraestruturas, redes de equipamentos, etc. Tendo presente en todo momento e priorizando de modo especial, valores tan necesarios coma o equilibrio, a sostenibilidade e a harmonía có entorno.