Que é idea?

idea As Pontes

Na actualidade, estamos a traballar para que o PXOM, máis aló das consideracións de carácter técnico, recolla e reflicta a vontade da cidadanía en relación ao futuro do seu municipio. Precisamente por iso, resulta absolutamente necesaria a vosa implicación activa. Para descubrir e dar resposta ás necesidades colectivas, a redacción do PXOM contará cun proceso de diálogo, debate e intercambio de opinións entre as distintas agrupacións, entidades e veciñas e veciños que conforman o tecido social do municipio. A este proceso chamámoslle idea.

IdeaAsPontes formúlase como a continuación lóxica e necesaria do Proceso de Participación Pública, realizado na primeira fase da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello das Pontes. O planeamento dun proceso participativo destas características, xurde a partir da constatación das seguintes necesidades básicas:

  • Dar a coñecer, informar e explicar ao conxunto da cidadanía, en que consiste un Plan Xeral, para que se emprega, e cales son as súas funcións, dunha forma clara e sinxela.
  • Facer partícipe ao conxunto da veciñanza pontesa na elaboración deste documento que marca as pautas do futuro urbanístico do Concello.

 

Deste xeito, e englobadas baixo a denominación ideaAsPontes, estamos a deseñar distintas ferramentas e recursos, que facilitarán a vosa implicación e participación neste proceso de elaboración conxunta, proporcionando información e criterios para a análise.

Esta mesma páxina web, está deseñada coa intención de ser unha plataforma aberta de intercambio e comunicación entre o equipo técnico de idea, o Concello e a veciñanza.

 

> TÉCNICOS IDEA

>>Urbanistas implicados na redacción do PXOM das Pontes

María Ríos Carballeira

Coordinadora técnica, Oficina do Plan Xeral das Pontes.

Urbanista e técnica de planificación e xestión de mobilidade local

Alejandro Fernández Palicio

Colaborador no Plan Xeral das Pontes, no modelo de asentamento poboacional e patrimonio.

Arquitecto

>>DELOGA Researching

Ismael Blanco Bouza

Socio Director da empresa Deloga

Especialista en Políticas Públicas

Eva María Garabal Nieto

Socia Directora da empresa Deloga

Especialista en Políticas Públicas

Camilo M. Fernández González

Técnico Urbanista

Técnico en Análise Socioeconómica

Martín Vázquez Añel

Técnico de Participación

Especialista en Políticas Públicas