Por que un PXOM nas Pontes?

O planeamento urbanístico co que se conta na actualidade no concello das Pontes ten unha antigüidade de 27 anos. Como é obvio, ao longo de todo este tempo as necesidades do municipio cambiaron moito, e no contexto actual, existen novos retos por encarar, así como novas demandas ás que dar solucións. Neste senso, a redacción dun PXOM para As Pontes, xurde como unha tarefa imprescindible e que grazas á participación activada cidadanía, garantirá o desenvolvemento territorial futuro adaptado ás necesidades reais do conxunto da veciñanza pontesa.