O proceso de participación cidadá ideaAsPontes, presenta á veciñanza unha chea de propostas colaborativas

_DSC8140 copiaDesde os últimos meses toda a veciñanza pontesa está convidada a participar dun xeito activo nos traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Todas aquelas persoas interesadas en participar no deseño do futuro do Concello, aínda están a tempo de colaborar no Plan de Participación Cidadán, enriquecendo a proceso coas súas suxestións e achegas. Unha das opcións para facelo, é por medio dunha sinxela enquisa online, que pódese atopar na páxina web www.ideaaspontes.com, e pola que todas as persoas residentes no Concello ou con residencia ou vínculos familiares no mesmo, poderán deixar reflectida as súas consideracións sobre aspectos relativos aos equipamentos e servizos, á mobilidade, a usos do solo, etc.

Para aqueles que estean interesados en participar en actividades presenciais, tamén se están a organizar unha serie de Obradoiros para todo tipo de público, sempre que sexan maiores de 18 anos e residentes nas Pontes. Estes obradoiros están tendo lugar en todas as parroquias e barrios do concello, e neles se traballa sobre as necesidades presentes e as posibilidades de futuro do noso territorio.

DSC_0468A semana próxima, desde o martes ao xoves, terán lugar 3 obradoiros nas zonas rurais, nos locais sociais de Marraxón, A Faeira e Goente, podendo asistir todas as persoas que o desexen, baixo previa inscrición. Só é preciso enviar un correo electrónico a participaen@ideaaspontes.com, chamar ao teléfono 622.33.77.50 ou contactar a través da paxina web do proxecto: www.ideaaspontes.com.

Outras actividades xa realizadas nos últimos meses foron os acompañamentos no rural, visitas nas que os propios veciños e veciñas exerceron de guías, e narraron ás persoas participantes a súa visión da parroquia, a relación cos espazos, e as historias que se agochan en cada lugar.

E para toda a poboación que prefira expresarse dun xeito máis artístico, os próximos días faranse públicos 2 concursos, de fotografía participativa e de microrrelatos. Toda esta información pódese atopar na web do proxecto www.ideaaspontes.com.