Fases e documentación

A realización do Plan Xeral, conta con 6 fases diferenciadas, que se amosan na seguinte gráfica, sendo a primeira delas (Documento de Inicio) na que se realiza unha diagnose do conxunto municipal e marcanse as liñas estratéxicas de desenvolvemento posterior. Na segunda fase (Documento Previo á Aprobación Inicial) trázase un bosquexo ou maqueta do que será o documento normativo. É, a partires da terceira fase (Aprobación Inicial), cando o documento do PXOM está completo, para poder ser revisado, e subsanado nas seguintes fases, ate chegar á súa Aprobación Definitiva e entrar en vixencia.

esquemaPXOM





Presentación Pública

Plan Xeral de Ordenación Municipal das Pontes de García Rodríguez