Comisións de seguimento

A figura das Comisións de Seguimento leva funcionando dende o comezo dos traballos de planeamento. Así, para o desenvolvemento deste proxecto, constituíronse tres comisións independentes -a política, a técnica e a veciñal-, que teñen como función dar seguimento ó desenvolvemento do Plan Xeral, aportando ós seus coñecementos específicos, e facendo de interlocutores e voceiros dos colectivos profesionais, políticos e asociativos ós que representan.