Aviso legal

TITULARIDADE DO SITIO WEB
En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), Lei 34/2002 do 12 de Outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio: http://www.ideaaspontes.com
Titular: Excmo. Concello de As Pontes de García Rodríguez
Domicilio: Parque Municipal, s/n. – 15320 As Pontes (A Coruña).
Teléfono: 981453116
REL 01150709 · CIF P-1507100D
CONDICIONES GENERALES DE UTILIZACIÓN

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN

1. CONDICIÓNS E LIMITACIÓNS DE USO
O CONCELLO DE AS PONTES resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso a estes, xa sexa temporal ou definitivamente, sen previa notificación. A utilización da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en diante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina web. O Usuario comprométese a utilizar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente Aviso Legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. Para tal efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.

2. LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE
A responsabilidade da utilización da información contida na páxina web é do Usuario.
Dispoñibilidade dos Servizos
O CONCELLO DE AS PONTES non garante que as súas páxinas se encontren operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento. O CONCELLO DE AS PONTES resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos deste sitio web e as Condicións Xerais de Acceso. En caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, O CONCELLO DE AS PONTES ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan. Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios tivesen podido atribuír ao presente sitio web.

Contidos non xestionados directamente por este sitio web
O CONCELLO DE AS PONTES rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos das ligazóns publicadas na súa páxina web. A páxina ofrece ligazóns a outros Web sites que poden resultar do seu interese. Aínda que O CONCELLO DE AS PONTES trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente nestes. O CONCELLO DE AS PONTES non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios Web non xestionados por esta administración e que resulten accesibles a través desta páxina web. Non obstante, esta administración encádrase dentro do apartado a) do artigo 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), xa que esta administración respecto a ligazóns facilitados no Web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización. O CONCELLO DE AS PONTES queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puidesen derivarse da captación e uso por parte de terceiros das informacións e opinións facilitadas polos usuarios á páxina web. O CONCELLO DE AS PONTES non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo CONCELLO DE AS PONTES.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen a traverso de ideaaspontes.com realízse de acordo có disposto na Ley Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácer Persoal e demáis normativa aplicable. O interesado poderá exercer seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ó Concello de As Pontes de García Rodríguez, Parque Municipal, s/n – 15320 As Pontes (A Coruña)