Actividades nas escolas

Dados os obxectivos deste Proceso de Participación, debemos motivar a incorporación e participación da xuventude do Concello, un grupo de idade ao que tradicionalmente non se lle da voz, ou que polo xeral non participa activamente nas decisións relativas a transformación do seu territorio. De este xeito poderemos coñecer as necesidades, inquedanzas e expectativas que teñen os rapaces e rapazas do municipio.

As súas achegas resultarán de gran interese dado que son habitantes moi activos, ademais de futuros herdeiros dos cambios e transformacións sociais, urbanísticas e territoriais que se realizan no presente e que sen dúbida terán importantes implicacións posteriores.